Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de mobilidade Erasmus+ KA171 destinada ao PDI, cursos 2025-26 e 2026-27, 2024-1-ES01-KA171-HED-000233464

Bolsas e axudas

19-05-2026 ata: 31-05-2026

Con data de 18 de maio publicouse a convocatoria de bolsas para PDI que permitirán realizar estadías nos países terceiros non asociados ao programa relacionados no anexo II desta convocatoria.

1º período de presentación de solicitudes: estará aberto desde o día seguinte á publicación desta convocatoria ata o 31 de maio de 2026 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías que se soliciten neste período deberán iniciarse en 2026 e poderán realizarse entre o 06/07/2026 e o 18/12/2026. 

2º período de presentación de solicitudes: estará aberto dende o 1 de setembro ao 30 de setembro de 2026 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías que se soliciten neste período poderán realizarse entre o 11/01/2027 e o 09/07/2027.

A convocatoria e os anexos pódense consultar no portal de bolsas da Universidade de Vigo.

Saúdos,