Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Eleccións á Reitoría - Campaña electoral e xornada de reflexión da 2ª volta
Información xeral
12-05-2026Bo día,
En relación coa segunda volta das eleccións á Reitoría da Universidade de Vigo, a Comisión Electoral fai pública as seguintes consideracións:
O calendario electoral aprobado non establece expresamente un novo período de campaña electoral nin unha xornada de reflexión específica previa á votación prevista para o día 15 de maio de 2026.
Así mesmo, a proclamación definitiva das candidaturas terá lugar o 13 de maio de 2026, sen que exista un período material suficiente para o desenvolvemento dunha campaña electoral diferenciada respecto da primeira volta.
Non obstante, enténdese que as candidaturas poderán continuar realizando actividades de campaña nos mesmos termos que durante a primeira volta ata o inicio da xornada de reflexión.
Neste sentido, a Comisión Electoral considera que o día inmediatamente anterior á votación (14 de maio de 2026) debe entenderse sometido aos principios propios da xornada de reflexión, non resultando procedente durante o mesmo a difusión de propaganda electoral nin realizarse ningún acto solicitando o voto.