Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Erasmus + PTXAS (Staff Mobility for Training - STT) Curso 2026/27

Bolsas e axudas

08-05-2026 ata: 31-07-2027

Está publicada a convocatoria de axudas para participar no programa Erasmus+ KA131 no curso 2026-27 destinadas ao PTXAS da Universidade de Vigo. 

As bases e o anexo coas prazas dispoñibles pódense consultar no portal de bolsas 

Establécense dous prazos de solicitudes:

1º prazo: ata o 29 de maio ás 14:00 horas para mobilidades que se realizarán do 1 de setembro ao 11 de decembro de 2026.

2º prazo: do 1 ao 30 de setembro ás 14:00 horas para mobilidades que se realizarán do 11 de xaneiro ao 9 de xullo de 2027.

O formulario de solicitude está dispoñible no portal de MoveON:  https://uvigo.moveon4.de/form/626144cfae4dca018b0efa70/glg

Saúdos,