Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Está publicada a convocatoria de axudas para participar no programa Erasmus+ KA131 no curso 2026-27 destinadas ao persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
As bases e o anexo coas prazas dispoñibles pódense consultar no portal de bolsas
Establécense dous prazos de solicitudes:
1º prazo: ata o 29 de maio ás 14:00 horas para mobilidades que se realizarán do 1 de setembro ao 11 de decembro de 2026.
2º prazo: do 1 ao 30 de setembro ás 14:00 horas para mobilidades que se realizarán do 11 de xaneiro ao 9 de xullo de 2027.
O formulario de solicitude está dispoñible no portal de MoveON: https://uvigo.moveon4.de/form/626144cfae4dca018b0efa70/glg
Saúdos,