Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recordatorio: execución do 50 % do orzamento de libros antes do 31 de maio
Biblioteca
11-05-2026 ata: 02-06-2026Bo día,
Lembrámoslles que o prazo para ter comprometido ou executado o 50 % da asignación destinada á compra de libros remata o 31 de maio.
Pregámoslles que tramiten antes desa data a maior parte das peticións previstas para este ano, deixando para máis adiante unicamente novidades editoriais ou necesidades sobrevidas. Tamén recomendamos xestionar canto antes as compras con cargo a proxectos, doutoramento ou outros fondos alleos.
Formulario de solicitude:
https://adquisicions.intranetdabiblio.es/investigacion
Moitas grazas pola súa colaboración.
Biblioteca Universitaria – Sección de adquisicións
xsadqui@uvigo.gal
Tel. 986 813846