Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

LA2505. Concurso para elaboración listaxes de agarda profesorado substituto. Corrección de erros anexo II.Datos das prazas

Convocatoria de prazas de PDI

08-05-2026 ata: 08-09-2026

Con data de hoxe publicouse no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo corrección de erros no anexo II da convocatoria de concurso para a elaboración de listaxes de agarda de profesorado substituto (LA2505) que afecta ás observacións da referencia da praza número 6, rectificando a titulación específica esixida.

Esta corrección implica a apertura de novo prazo de solicitudes únicamente para esa referencia. A tal fin, as
persoas interesadas, durante os días que en virtude desta ampliación excedan do fin de prazo ordinario:
a) Inscribiranse empregando a subconvocatoria LA2505bis.
b) Presentarán a documentación en sede empregando o procedemento SXER-Instancia xenérica.

Ante calquera dúbida contacten co Servizo de PDI na seguinte dirección electrónica: consultapdi@uvigo.gal