Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
I Ciclo Formación en liña Web of Science (19-21 de maio 2026)
Biblioteca
09-05-2026 ata: 22-05-2026Entre o 19 e o 21 de maio terán lugar tres novas sesións de formación, continuando co I Ciclo de Formación en liña 2026 da base de datos Web of Science, organizadas por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.
Martes, 19 de maio de 14:00-15:00 h. Sesión B1 – Descubrir os perfís de investigadores/as en Web of Science – Nivel básico
- Autores/as, os seus identificadores e os seus perfís de investigador/a en Web of Science
- Perfís xerados mediante algoritmos e perfís verificados
- Crear, editar e compartir o meu perfil
Mércores, 20 de maio de 14:00-15:00h. Sesión B2 - Administrar un perfil de investigador/a en Web of Science – Nivel avanzado
- Vincular o teu perfil ORCID
- Engadir publicacións que falten
- Acerca das actualizacións automáticas
- Eliminar publicacións incorrectas
Xoves, 21 de maio de 14:00-15:00 h. Sesión B3 - Demostrar o meu impacto co meu perfil de investigador/a en Web of Science – Nivel avanzado
- As publicacións, as súas métricas asociadas e opcións de exportación
- Interpretar as métricas normalizadas do beamplot de impacto do autor/a
- Examinar publicacións e documentos citantes para explicar o meu impacto
Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/i-ciclo-de-formacion-online-web-science-enero-junio-de-2026-jornadas-de-mayo-2026
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo