Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Proclamación provisional de resultados das eleccións a Reitoría e Claustro Universitario da Universidade de Vigo

Información xeral

07-05-2026

Bo día:

De acordo co calendario electoral, hoxe 07 de maio de 2026 publicouse no Taboleiro Electrónico da Universidade de Vigo a proclamación provisonal de resultados nas eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario.

Toda a información  e a documentación relacionada con ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en:

 

O prazo de reclamacións é dende o venres 8 ao martes día 12 de maio de 2026.  As reclamacións deben realizarse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/, ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus, dirixido á Presidencia da Comisión Electoral.