Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario 2026 - Xornada de votación

Información xeral

05-05-2026

Bos días,

Informamos da  localización das mesas electorais en cada centro, así como da data, horario e requisitos de identificación para o exercicio do dereito de sufraxio nas eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario 2026. 

Data e horario da votación

  • Data: 6 de maio de 2026
  • Horario: de 10:00 a 18:00 horas

O elector ou electora deberá identificarse ante a mesa electoral mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos orixinais e en vigor: DNI, Pasaporte ou Carné de conducir.

Lémbrase á comunidade universitaria a importancia de comprobar previamente o centro de adscrición no censo electoral para acudir á mesa correspondente.

 

Localización das mesas electorais

OURENSE

  • Facultade de Ciencias (101): Corredor dos minerais, ao lado do Salón de Actos Marie Curie, edificio Politécnico
  • Facultade de Historia (102): Sala do profesorado, 4º andar do edificio de facultades.
  • Facultade de Dereito (103): Aula Magna “Concepción Arenal”.
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (104): Aula Magna.
  • Facultade de Educación e Traballo Social (105): Sala do equipo decanal, 4º andar do edificio Ferro.
  • Escola Superior de Enxeñaría Informática (106): Salón de graos do edificio Politécnico.
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (107): Sala de reunións xunto ao despacho de dirección, edificio Manuel Martínez-Risco.
  • Facultade de Relacións Internacionais (108): Salón de graos do edificio Xurídico-Empresarial, campus de Ourense.

PONTEVEDRA

  • Facultade de Belas Artes (201): Pasillo de entrada, na planta baixa.
  • Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (202): Vestíbulo do primeiro andar.
  • Escola de Enxeñaría Forestal (203): Sala de xuntas da escola.
  • Facultade de Comunicación (204): Vestíbulo de entrada da facultade.
  • Facultade de Fisioterapia (205): Recibidor da facultade.
  • Facultade de Deseño (206): Conserxería da planta 6.
  • Facultade de Dirección e Xestión Pública (207): Ágora da facultade, 1º andar, fronte á cafetería.

VIGO

  • Reitoría – Sala xuntas – planta 0 – Edificio Exería
  • Facultade de Filoloxía e Tradución (301): Salón de actos do pavillón central.
  • Facultade de Bioloxía (302): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (303): Vestíbulo da facultade, diante do taboleiro electoral.
  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (305): Salón de actos da escola.
  • Facultade de Comercio (306): Sala do profesorado.
  • Escola de Enxeñaría Industrial (cidade) (307): Aula de audiovisuais.
  • Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (308): Aula A103.
  • Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (309): Sala de xuntas do módulo de dirección.
  • Facultade de Ciencias do Mar (310): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
  • Facultade de Química (311): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
  • Escola de Enxeñaría Industrial (campus) (312): Sala de xuntas.