Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario 2026 - Xornada de votación
Información xeral
04-05-2026Bos días,
Co gallo da celebración das eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario, infórmase a toda a comunidade universitaria da ubicación das mesas electorais en cada centro, así como da data, horario e requisitos de identificación para o exercicio do dereito de sufraxio.
Data e horario da votación
- Data: 6 de maio de 2026
- Horario: de 10:00 a 18:00 horas
O elector ou electora deberá identificarse ante a mesa electoral mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos orixinais e en vigor: DNI, Pasaporte ou Carné de conducir.
Lémbrase á comunidade universitaria a importancia de comprobar previamente o centro de adscrición no censo electoral para acudir á mesa correspondente.
Localización das mesas electorais
OURENSE
- Facultade de Ciencias (101): Corredor dos minerais, ao lado do Salón de Actos Marie Curie, edificio Politécnico
- Facultade de Historia (102): Sala do profesorado, 4º andar do edificio de facultades.
- Facultade de Dereito (103): Aula Magna “Concepción Arenal”.
- Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (104): Aula Magna.
- Facultade de Educación e Traballo Social (105): Sala do equipo decanal, 4º andar do edificio Ferro.
- Escola Superior de Enxeñaría Informática (106): Salón de graos do edificio Politécnico.
- Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (107): Sala de reunións xunto ao despacho de dirección, edificio Manuel Martínez-Risco.
- Facultade de Relacións Internacionais (108): Salón de graos do edificio Xurídico-Empresarial, campus de Ourense.
PONTEVEDRA
- Facultade de Belas Artes (201): Pasillo de entrada, na planta baixa.
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (202): Vestíbulo do primeiro andar.
- Escola de Enxeñaría Forestal (203): Sala de xuntas da escola.
- Facultade de Comunicación (204): Vestíbulo de entrada da facultade.
- Facultade de Fisioterapia (205): Recibidor da facultade.
- Facultade de Deseño (206): Conserxería da planta 6.
- Facultade de Dirección e Xestión Pública (207): Ágora da facultade, 1º andar, fronte á cafetería.
VIGO
- Reitoría – Sala xuntas – planta 0 – Edificio Exería
- Facultade de Filoloxía e Tradución (301): Salón de actos do pavillón central.
- Facultade de Bioloxía (302): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (303): Vestíbulo da facultade, diante do taboleiro electoral.
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (305): Salón de actos da escola.
- Facultade de Comercio (306): Sala do profesorado.
- Escola de Enxeñaría Industrial (cidade) (307): Aula de audiovisuais.
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (308): Aula A103.
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (309): Sala de xuntas do módulo de dirección.
- Facultade de Ciencias do Mar (310): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
- Facultade de Química (311): Salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais.
- Escola de Enxeñaría Industrial (campus) (312): Sala de xuntas.