Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado: Información para participar evento voluntariado Xunta de Galicia

Información voluntariado

30-04-2026

Difusión da mensaxe de programa voluntariado da Xunta de Galicia:

" A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no programa Xuventude Consciente da Saúde Mental, programa a través do cal se poderá participar como axudante nun programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que o alumnado aprenderá e debaterá sobre saúde mental e prevención da conduta suicida. 

Perfil das persoas voluntarias:

- Ter cumpridos os 18 anos.

- Persoas coa mente aberta dispostas a escoitar falar á nosa xuventude. A filosofía é promover preguntas, non dar solucións.

Inscrición:

As persoas voluntarias interesadas en participar no programa Xuventude Consciente da Saúde Mental poden inscribirse na web de voluntariado galego www.voluntariadogalego.org, a través do formulario que atoparedes premendo nesta ligazón.