Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Corrección: Sesión en liña sobre InCites (WoS) (7 de maio)

Biblioteca

01-05-2026 ata: 08-05-2026

Algunhas persoas están tendo problemas para acceder á páxina de inscrición desta sesión. Aquelas que estean interesadas en participar, poden acceder á páxina de inscrición aquí: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/r85593a25e4391f2a59d8d9dbd354c84e

Desculpen as molestias.

________________________________________________________________________________________________________________________

O vindeiro 7 de maio de 2026 terá lugar o seminario web “Impulsar mi proyecto de investigación con InCites”. O seminario está organizado e impartido por Clarivate e dirixido principalmente a persoal investigador.

InCites Benchmarking & Analytics (InCites) é unha ferramenta bibliométrica que utiliza os datos de Web of Science para examinar os actores da investigación (institucións, revistas, investigadoras/es etc.). Esta ferramenta está incluída na subscrición a Web of Science que xestiona a Biblioteca Universitaria.

Sesión “Impulsar mi proyecto de investigación con InCites
Data e hora: 07/05/2026, de 14:00 a 15:00 h.

Obxectivos de aprendizaxe (nivel básico):

  • Breve presentación de InCites (o acceso e os datos)
  • Examinar en detalle o meu impacto académico co “Researcher Report”
  • Interpretar os indicadores de impacto CNCI e JNCI
  • Descubrir os temas emerxentes na miña área de investigación

Inscrición

Cómpre inscribirse co correo electrónico institucional.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Teléfono 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo