Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nova ruta do vehículo autónomo no Campus Lagoas Marcosende

Información xeral

28-04-2026 ata: 01-07-2026

Infórmase que o servizo de transporte prestado polo vehículo autónomo non estará operativo entre o 29/04 e o 06/05, ambos inclusive, debido á posta en marcha da nova ruta 2.

A nova ruta entrará en funcionamento o xoves 7 de maio co horario habitual: de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 e das 15:00 ás 17:00 horas.

O itinerario da nova ruta deixará de ser circular, é dicir, será de ida e volta, realizando o seguinte percorrido:

Biblioteca Central - Reitoría - EE Telecomunicación - CINTECX - Fac. CC. do Mar - CITEXVI - Pavillón deportivo - Fac. CC. Económicas/Fac. Filoloxía e Traducción - CITEXVI - Fac. CC. do Mar - CINTECX - EE Telecomunicación - Reitoría - Biblioteca Central.

Lémbrase a dirección web onde se pode acceder á información sobre o Shuttle e consultar a súa localización en tempo real: https://brain4mobility.com/pilotos/cuvi/

Agradécese a todas as persoas usuarias do vehículo autónomo que participen na enquisa de satisfacción, poden acceder a ela a través do código QR que atoparán no interior do propio vehículo. O prazo para participar permanecerá aberto ata o 15 de xuño de 2026, ás 14:00 horas.

Entre todas as persoas participantes, sortearase un patinete eléctrico.  O sorteo será público e terá lugar na sede da Oficina de Medio Ambiente (OMA) o día 22 de xuño de 2026, ás 12:00 horas.