Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso formación permanente PDI: o enfoque COIL na UVigo

Internacionalización

23-04-2026 ata: 08-05-2026

Bo día,

Mañá venres, 24 de abril, ás 10:00 horas, abre o prazo de preinscrición no seguinte curso de formación permanente para PDI, organizado pola Vicerreitoría de Internacionalización en colaboración co Centro de Posgrao e Formación Permanente, no marco do Programa de Formación Permanente do Profesorado:

Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)


Trátase dunha formación de 11 horas, en modalidade presencial e/ou en liña, dirixida ao profesorado da Universidade de Vigo interesado en integrar experiencias COIL nas súas materias.

Durante o curso abórdanse cuestións clave como que é o enfoque COIL e a súa relevancia no currículo universitario, o deseño e desenvolvemento de proxectos colaborativos internacionais en liña, a integración da aprendizaxe intercultural, a selección de ferramentas tecnolóxicas axeitadas e a facilitación da colaboración entre estudantes de diferentes universidades e contextos culturais.

A formación conta coa participación de dúas persoas expertas de referencia internacional no eido COIL. Por unha banda, Eva Haug, asesora educativa para a internacionalización do currículo e profesora titular de Competencia Intercultural na Universidade de Ciencias Aplicadas de Ámsterdam, membro electa do Comité Temático de Ensino, Aprendizaxe e Currículo da EAIE (European Association for International Education) e research fellow da University of the Free State (Suráfrica). En 2024 recibiu o premio Outstanding Contribution da EAIE e o premio de Contribución á Internacionalización da Ensinanza Superior en México de AMPEI. Está especializada na internacionalización do currículo a través de proxectos COIL e desenvolve unha práctica sostible en Ámsterdam con máis de 100 proxectos anuais.

Por outra banda, participa Francisco Suay Pérez, coordinador de COIL e profesor de Marketing, quen coordina centos de proxectos COIL con institucións de todos os continentes e conta cunha ampla experiencia como facilitador de liderado para CCL.

Alén de máis, o curso inclúe a participación de profesorado que comparte experiencias de éxito no desenvolvemento de proxectos COIL, achegando unha visión práctica e aplicada desta metodoloxía.

Datas de realización:
• 11 de maio: sesión presencial e/ou en liña
• 13 de maio: sesión en liña

Data de inicio do curso: 11/05/2026

Máis información en: https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1312-1/

Para facilitar a inscrición, pódese acceder directamente ao proceso a través de SIGMA na seguinte ligazón:
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=portalAcademico

Un saúdo,