Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario 2026 - Campaña electoral

Información xeral

22-04-2026

Bo día,

No marco da campaña electoral para as eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario, e no exercicio das funcións de coordinación e orientación sobre a organización do proceso electoral, recoméndase que, sempre que sexa posible, fagan un uso prioritario dos medios dixitais dispoñibles nos centros docentes, especialmente das pantallas informativas corporativas, como principal medio para difundir a información electoral.

O obxectivo desta recomendación é promover un uso máis responsable dos recursos, reducir o impacto ambiental do uso de material impreso e contribuír ao compromiso da Universidade de Vigo coa sustentabilidade durante o desenvolvemento da campaña electoral