Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O Campus de Pontevedra volve subir o pano cunha nova edición da Mostra de Teatro Universitario, un espazo de encontro para a creación escénica, a expresión artística e o talento universitario.
A 17ª Mostra de Teatro Universitario celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra, cun programa de representacións que terán lugar ás 20:30 horas os seguintes días: 22, 23, 28, 29 e 30 de abril.
Convidamos a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral a gozar dunha selección de propostas teatrais diversas, actuais e comprometidas, froito do traballo e da creatividade dos grupos universitarios.
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Hora: 20:30 h
Datas: 22, 23, 28, 29 e 30 de abril
PROGRAMA
Miteu_Pontevedra_2026.pdf
- vic.pon@uvigo.es
- +34 986 802 080
- http://campuspontevedra.uvigo.es/