Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
TEATRO XXVIII MITEU VIGO: martes 21 e xoves 23 de abril do 2026
Información cultural
21-04-2026 ata: 23-04-2026Ola, bo día:
O martes 21 e o xoves 23 de abril, teremos dobre representación na XXVIII MITEU DE VIGO.
Desta volta contaremos coa presenza da Aula de teatro do campus de Vigo e da aula da UdC
Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2026.pdf
Organiza: Extensión Universitaria
Teatro: XXVIII MITEU VIGO: martes, 21 de abril de 2026
Macbett. Aula de teatro do campus de Vigo. Galicia
Autor: Eugène Ionesco; tradución: Henrique Harguindey
Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo
Data : martes, 21/04/2026
Hora: 18.30
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Macbett de Eugène Ionesco é unha traxicomedia inspirada en Shakespeare, que satiriza o poder absoluto e a tiranía a través do absurdo. Nesta versión, Macbett e Banco son xenerais traizoeiros que derrocan un rei tiránico, só para que Macbett se converta nun ditador aínda máis brutal e corrupto, caendo en espiral nun asasinato sen sentido.
A obra combina elementos da trama orixinal de Macbeth co estilo de Ubú Rei de Alfred Jarry, amosando a ambición insaciable, a traizón e a tiranía.
Esta peza é unha alegación contra todas as formas de tiranía e violencia política. Humor macabro e absurdo para amosar o horror do totalitarismo.
ELENCO
Antía Pérez Carballo, Antón Abal Rúa, Azael Durán Alonso, Cecilia Jiménez López, Choquart Manon, Juan Diego Comesaña Lorenzo, Laura Pousada Barrio, Lidia Gutiérrez Marín,
Lola Matamoro Gómez de los Infantes, Lucas Campos Rubio, Miguel Rodríguez Carretero, Rosa María Molares Alonso, Uxía Fernández Delgado e Yerai Orts Covelo
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Vestiario: Sonia Rúa
Música: Miguel R. Carretero/Hector Pazos
Escenografía: Ningures
Iluminación: Héctor Pazos
Imaxe: Diego Seixo
Axudante de dirección: Sonia Salgado
Dirección: Casilda Alfaro e Sonia Rúa
Teatro: XXVIII MITEU VIGO: xoves, 23 de abril de 2026
Encrobas 77; a precuela. Aula de teatro da Universidade da Coruña. Galicia
Autora: Helena Salgueiro
Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo
Data : xoves, 23/04/2026
Hora: 18.30
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
As veciñas das Encrobas protagonizaron unha das maiores revoltas populares contra o ecocidio do réxime no ano 1977. Nesta alegoría teatral, o corazón da terra e o dunha muller namorada da acción directa latexan ao mesmo ritmo para protexer a vila das Encrobas. Unha peza de teatro épico pola defensa da terra.
ELENCO
Alexandra Rodríguez, Cristina Merino, Goreti Pazos, Irina Casas, Lucía Casal, Lydia Prada, Óscar Blanco,
Paco Fuentes, Valentina Lozano e Xulia Castro
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Música: Sofia Gubaidulina, Benxamín Otero, Johann Sebastian Bach, Tom Waits, Thom Yorke e Kim Gordon
Iluminación e escenografía: Helena Salgueiro
Deseño gráfico: Óscar Blanco
Axudantes de produción: Óscar Blanco e Alexandra Rodríguez
Dirección: Helena Salgueiro
Reserva as datas e comparte!!!!!!
Saúdos
- cartel Vigo [1461.2 Kbytes]
- cartel Coruña [876.82 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626