Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xornada "Deberes tamén co galego. Dereitos e garantías lingüísticas"
Información xeral
14-04-2026Xornada "Deberes tamén co galego. Dereitos e garantías lingüísticas"
Este venres 17 de abril terá lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo a xornada Deberes tamén co galego. Dereito e garantías lingüísticas, unha iniciativa organizada pola Área de Normalización Lingüística da UVigo en colaboración coa Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
A proposta forma parte dun ciclo dedicado a analizar o papel do galego na universidade e nos diferentes ámbitos do coñecemento. Nesta ocasión, afondarase nos dereitos e deberes lingüísticos, cun programa que combina relatorios, unha mesa redonda e a presentación dun libro do profesor Xosé Manuel Pacho, que recibirán as persoas inscritas.
Máis información e inscricións: https://xorxur.webs.uvigo.es/
- Folleto_XX_ANL [2226.82 Kbytes]
- anl@uvigo.gal
- 986 813 574
- https://www.uvigo.gal/campus/lingua