Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal da Fac. Filoloxía e Tradución e Unidade de Xardinería

Prevención de riscos laborais

27-04-2026 ata: 30-04-2026

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal dos seguintes centros:

  • Facultade de Filoloxía e Tradución
  • Unidade de Xardinería

A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).

TODO O QUE NECESITA SABER PARA SOLICITAR A SÚA CITA

  • Prazo para solicitar cita: do 27/04/2026 ao 30/04/2026
  • Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)
  • Guía da web para solicitar a cita.
  • Cita: páxina web de CUALTIS (Vitaly).
  • Instrucións previas á súa cita.
  • Bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do seu centro

Finalizado o prazo de solicitude de cita para analítica na web de CUALTIS (Vitaly), se desexa solicitar, cambiar ou anular a súa cita, ou para a cita do recoñecemento médico concertada posteriormente con enfermería, deberá enviar un correo electrónico cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do SPRL 986 814 088.

Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice todas as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.