Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DE MOBILIDADE SICUE PARA O CURSO 2026-2027
O estudantado seleccionado terá un prazo de 5 días hábiles para aceptar a praza na súa secretaría virtual (14-04-26 a 20-04-26)
Terá as seguintes opcións:
• 1º Aceptar a praza - Se che foi asignada a túa primeira opción.
• 2º Non aceptar a praza - Se lle foi asignado o segundo ou sucesivos destinos. Neste caso, podes agardar ao segundo reparto (coas prazas liberadas por renuncias doutros interesados) no caso de quedar vacante o destino preferente (debes entrar na SV e indicar esta opción).
• 3º Renuncia - desiste do seu dereito a continuar no programa.
Se non elixe ningunha opción, entenderase que desiste do dereito a participar no programa.