Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións de formación en liña sobre SciFinder Discovery Platform

Biblioteca

11-04-2026 ata: 16-04-2026

No mes de abril celebraranse sesións de formación en liña, organizadas por CAS, sobre Sci-Finder Discovery Platform. As sesións, de 60 minutos de duración, impartiranse en inglés e están dirixidas a estudantado, profesorado e persoal investigador do ámbito da química. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

SciFinder Discovery Platform é a plataforma das bases de datos de Chemical Abstracts (CAS), ás que a Universidade de Vigo ten acceso por mor da subscrición da biblioteca. Estas bases de datos de CAS conteñen literatura de ciencias biomédicas, química, enxeñaría, ciencias dos materiais, agricultura, etc. Inclúe referencias bibliográficas e resumos de artigos, patentes, actas de congresos, informes, teses e libros. Permite buscas por estrutura, substancias químicas ou reaccións, autor/a, palabra clave, entidades, título da publicación etc.

Sesións:

  • 15 de abril, ás 10:00 AM CET. Agentic AI in CAS SciFinder
  • 15 de abril, ás 20:00 PM CET. Agentic AI in CAS SciFinder.

Rexistro aquí.

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo