Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Impacto: Boletín de Información Bibliométrica da Universidade de Vigo, 12

Biblioteca

10-04-2026 ata: 31-12-2026
A Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca da Universidade de Vigo retoma a publicación de Impacto: Boletín de Información Bibliométrica da Universidade de Vigo, co número 12, dedicado ás publicacións da Universidade de Vigo sobre ciencias do deporte. Está publicado na biblioguía que contén este e os números anteriores do boletín: https://biblioguias.uvigo.gal/guia-impacto/.
 
Neste número incluímos datos básicos de publicación, a comparación entre a produción científica da Universidade de Vigo e outras universidades e a evolución dalgúns indicadores bibliométricos entre 2015 e 2024. É o resumo dun informe máis amplo, que se pode consultar na biblioguía Informes bibliométricos: ciencias do deporte.
 
Algúns datos destacados:
  • 360 documentos sobre ciencias do deporte publicados por membros da Universidade de Vigo entre 2015 e 2024, segundo datos de WoS
  • O 80% deses documentos están en revistas incluídas en JCR
  • O 36,67% están publicados en colaboración con autoras e autores de institucións doutros países
  • O 52,22% están publicados en acceso aberto
Para calquera consulta ou dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Área de Servizos Bibliométricos
Teléfono: (+34) 986 13 02 36
Correo-e: bibliometria@uvigo.gal