Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TEATRO. XXVIII MITEU VIGO: xoves 9 de abril do 2026

Información cultural

09-04-2026 ata: 09-04-2026

Ola, bo día:

 

O xoves 9 de abril,  iniciamos as representacións da  XXVIII MITEU DE VIGO.

Constará de 7 actucións de compañías universitarias de Galicia, e Perú

Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2026.pdf

 

Organiza: Extensión Universitaria

 

Teatro: XXVIII MITEU VIGO: xoves, 9 de abril de 2026

 

Insurrección. Aula de teatro do campus de Ourense, “MARICASTAÑA”. Galicia

                (dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada en Rebelión na granxa, de George Orwell)

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

Data : Xoves, 09/04/2026

Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

 

Estase a librar a nai das batallas. Non é a primeira vez na historia, aínda que algunha das veces pode ser a derradeira. A loita é, a grandes trazos, entre a utopía e a distopía.

Un grupo de persoas traballadoras está a ser oprimido polo seu xefe. A conciencia vai aflorando nese grupo ata que estoura a insurrección e conseguen facerse co control dos seus medios de traballo e de subsistencia. Conseguen o control sobre as súas vidas. A partir dese momento ábrese un tempo de esperanza que dá cabida ao repouso, ao traballo con sentido, a tempos para a música, para a danza, para o pensamento. Aparecen tempos para a amizade, para o humor e para a colaboración nunha sociedade que é, por fin, a de todas.

Mais hai quen se sente máis forte e con máis dereito a gozar do que é común e que, pouco a pouco, lentamente, vai cambiando as normas da colaboración e volvendo ao lugar liberado nun lugar de explotación aínda peor que o que había antes.

A medida que a súa situación no traballo e nas condicións de vida empeora, e que os excesos dos que tomaron o poder son maiores, a maioría vai esquecendo a revolta, vai perdendo a memoria pola propaganda incansable dos novos opresores. Vai dividíndose, vai perdendo as forzas...

E haberá algunha posibilidade, nalgún momento, de facer unha nova insurrección?

 

ELENCO

Iria Losada, Diego Galdo, Vicki Reinoso, Paula Iglesias, Anabel, Miguel Solanas, Alba Gálvez, Óscar Castromán, Rubén Gómez, Carmen Blanco e Silvia Cortón           

 

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Iluminación, atrezzo e técnicos en xira: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño

Vestiario e complementos: Tegra e Lele

Cartel e programa: Pablo Otero

Espazo sonoro: Renata Codda Fons

Canción final «A do faro»: Lucía Aldao

Auxiliar de dirección: Chelo Cortiñas

Dramaturxia, escenografía e dirección: Fernando Dacosta

 

Reserva a data e comparte!!!!!!

Saúdos