Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Enquisa de mobilidade e valoración do vehículo autónomo: Queres gañar un patinete eléctrico?
Información xeral
27-03-2026 ata: 15-06-2026Vén de poñerse en marcha unha enquisa dirixida á comunidade universitaria (estudantado, PDI e PTXAS) para coñecer como realiza os seus desprazamentos e colaborar así no cálculo da pegada de carbono e na mellora das políticas de mobilidade nos vindeiros anos.
Tamén anima os membros da comunidade a probar o vehículo autónomo que conecta distintos edificios do campus de Vigo e a valorar o seu servizo escaneando o código QR no interior do coche durante o percorrido.
O estudantado e o persoal que respondan a enquisa de mobilidade ou valoren o servizo do vehículo autónomo da UVigo poderán gañar un patinete eléctrico.
O prazo de participación permanecerá aberto ata o 15 de xuño de 2026, ás 14:00 horas. En caso de rexistros repetidos, só se contabilizará un por persoa.
O sorteo será público e terá lugar na sede da Oficina de Medio Ambiente (OMA) o día 22 de xuño de 2026, ás 12:00 horas. Para isto, anonimizaranse os datos persoais e empregarase unha plataforma dixital de sorteos.
Contactarase coa persoa afortunada para entregarlle o premio o día 30 de xuño nas instalacións universitarias.
Moitas grazas por colaborar!
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222