Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Ocio + entre iguais - Acougo

Información voluntariado

20-03-2026

Anunciamos o programa de voluntariado "Ocio + entre iguais" da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO)

Este proxecto ten como obxectivos:

  • Transmitir valores igualitarios, inclusivos e non discriminatorios.
  • Establecer vínculos positivos entre as nenas, nenos e adolescentes do sistema de protección e as persoas de referencia para eles, aumentado a súa rede social e de apoio
  • Crear un espazo de respiro no que realizar actividades de ocio positivo (xogo colaborativo)
  • Proporcionar aos rapaces e rapazas experiencias lúdicas e sociais positivas
  • Fomentar a cohesión grupal e mellorar a relación entre os nenos, nenas e adolescentes

Lugar de realización: Ourense e Vigo