Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións de formación en liña JoVE (Journal of Visualized Experiments) durante o mes de abril

Biblioteca

27-03-2026 ata: 01-05-2026

No mes de abril terán lugar varias sesións de formación en liña gratuítas, organizadas por JoVE, dirixidas a profesorado, persoal investigador e persoal bibliotecario. As sesións formativas, de 60 minutos de duración, impartiranse en inglés e é imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

Mércores, 1 de abril de 15:00-16:00 h. Teaching Science for visual learners: how the brain understands complesity. Inscrición

  • Interpretacións da idea de “visual learning” e como procesa o alumnado a información.
  • Procesos do cerebro para visualizar conceptos e construír modelos mentais.
  • Como o profesorado pode levar o alumnado da comprensión visual á explicación.

Xoves, 2 de abril de 16:00-17:00 h. AI, visualization and the next era of Biopharma R&D. (Evento a través de Teams) Inscrición

  • Poñer en práctica a intelixencia artificial para mellorar o I+D.
  • Como as ferramentas de visualización aceleran a adopción da intelixencia artificial.
  • Como os sistemas de intelixencia artificial son aplicados en laboratorios, equipos e organización.

Mércores, 22 de abril de 12:00-13:00 h. Designing Physcology assignments that test thinking. Inscrición

  • Aprender como o deseño de tarefas pode levar o alumnado ao pensamento aplicado.
  • Consultar exemplos de  propostas que avalían o razoamento, a interpretación e o uso de probas.
  • Explorar a forma de apoiar tarefas mediante vídeos curtos e debates estruturados.

Mércores, 22 de abril de 13:00-14:00 h. Designing problems that reveal student reasoning in Physics and Engineering. Inscrición

  • Explorar estratexias para ensinar a resolución de problemas e o razoamento mediante demostracións e simulacións.
  • Aprender como o profesorado deseña problemas que apoien unha compresión conceptual máis profunda.
  • Observar coma o profesorado usa os vídeos para visualizar experimentos, aclarar ideas abstractas e redeseñar cursos.

Mércores, 22 de abril de 13:00-14:00 h. Designing case-based Business assignments that work. Inscrición

  • Explorar estratexias prácticas para levar a teoría empresarial ao contexto do mundo real.
  • Aprender como o profesorado deseña módulos de aprendizaxe empresarial coherentes e escalables e mide o seu impacto nos resultados do alumnado.
  • Observar coma o profesorado usa os vídeos para visualizar conceptos, fortalecer a participación e apoiar a ensinanza eficaz.

Mércores, 22 de abril de 14:00-15:00 h. Designing Biology assignments without grading overload. Inscrición

  • Aprender estratexias para as tarefas que avalían a comprensión sen aumentar o tempo á hora de cualificar.
  • Consultar exemplos de actividades que poñen énfase na aplicación e o razoamento por riba da memorización.
  • Explorar como as tarefas con apoio de vídeo poden simplificar os comentarios e a avaliación.

Xoves, 23 de abril de 14:00-15:00 h. Assessing chemical reasoning beyond final answers. Inscrición

  • Explorar estratexias para vincular a teoría química coa evidencia experimental.
  • Aprender coma o profesorado avalía o razoamento químico e axuda ao alumnado a sintetizar conceptos.
  • Observar coma o profesorado usa os vídeos para visualizar experimentos, aclarar ideas abstractas e redeseñar cursos.

Xoves, 23 de abril de 14:00-15:00 h. Designing applied clinical learning for practice. Inscrición

  • Aprender enfoques para conectar conceptos clínicos coa práctica.
  • Consultar exemplos de actividades aplicadas que reforzan a toma de decisións e o razoamento clínico.
  • Explorar como os vídeos apoian a preparación, a reflexión e a tranferencia de habilidades.

Mércores, 29 de abril de 15:00-16:00 h. The value of one view: how a single JoVE video drives campus-wide impact. (Para personal bibliotecario). Inscrición

  • Como as bibliotecas maximizan o impacto dun vídeo JoVE.
  • Como os recursos de vídeo apoian a docencia, a aprendizaxe e a investigación.
  • Como compartir nas bibliotecas os recursos de vídeo coas persoas usuarias.

Xoves, 30 abril de 15:00-16:00 h. The reproducibility revolution: making Science transparent. Inscrición

  • Explorar como os métodos baseados en vídeo reforzan a transparencia e a reproducibilidade en todas as disciplinas.

Toda a información sobre inscrición e acceso está na páxina  de seminarios web de JoVE: https://info.jove.com/jove-upcoming-webinars

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo