Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Certificado de retencións e ingresos a conta do IRPF 2025
Información xeral
24-03-2026 ata: 30-06-2026Bo día,
En aplicación do previsto no artigo 108.3 do Regulamento do IRPF, a Universidade de Vigo expediu as certificacións correspondentes ás retencións practicadas e ingresos a conta e demais datos necesarios aos efectos da declaración anual do IRPF do persoal vinculado coa Universidade.
O persoal poderá obter e imprimir o seu certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (segundo modelo 190) correspondente ao exercicio 2025 a través da Secretaria Virtual, accedendo á consulta do certificado da renda exercicio 2025.
Así mesmo, co fin de facilitar a xestión do imposto, xunto co certificado de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a renda das Persoas Físicas do exercicio económico 2025, xúntase a certificación dos rendementos satisfeitos entre xaneiro e marzo de 2026 que corresponden ao exercicio 2025.
- xerencia@uvigo.gal
- +34 986 813 560