Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

III Edición do ciclo A lingua galega no cinema

Información cultural

20-03-2026

 A lingua galega no cinema

A Universidade de Vigo continúa coa terceira edición do ciclo de cinema, que nesta ocasión se suma ás celebracións do Ano Oteriano, dedicado a poñer en valor a figura e o legado de Ramón Otero Pedrayo.

Data: 23 de marzo (luns)

Hora: 19.00 horas

Lugar: Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)

Proxectarase a película Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe, dirixida por María José Bravo Bosch, unha obra que afonda na relación do autor coa paisaxe galega como elemento esencial da nosa identidade cultural. A sesión contará cunha breve presentación e un espazo final de conversa para compartir impresións.

A UVigo convida a toda a comunidade universitaria e o público interesado en participar nesta homenaxe cinematográfica a Otero Pedrayo e ao noso patrimonio cultural.

Máis información https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-segue-apostar-lingua-galega-cinema-cunha-decena-novas-proxeccions

 

O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de cinco sesións con películas e curtametraxes galegas, e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.

Cinema en galego para celebrar unha figura fundamental da nosa historia.