Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario en liña de Wiley "Ferramentas de IA para a escritura e a investigación" (31 de marzo)

Biblioteca

19-03-2026 ata: 01-04-2026

O martes 31 de marzo ás 16:00 h terá lugar o seminario web “AI Tools for writing and Research”, dirixido ao persoal investigador e organizado por Wiley.

Programa:

  • Introdución á IA: unha visión xeral básica da IA, centrada nas ferramentas de IA xerativa.
  • Explora exemplos detallados de ferramentas de IA para a xeración de texto, coñece as súas vantaxes e limitacións.
  • Aprende a avaliar de forma crítica calquera nova ferramenta de IA.
  • Descobre recursos en liña gratuítos que poden axilizar os teus procesos de investigación e redacción.
  • O futuro da IA no mundo editorial: participa nun debate sobre o papel cambiante da IA na publicación científica.

Inscrición

A sesión durará 60 minutos, incluíndo un tempo para preguntas e respostas. Desenvolverase en inglés a través da ferramenta Go to Webinar e poderá seguirse no PC ou no móbil coa aplicación gratuíta GotoMeeting.

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo