Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Reparacións e cortes nas vías do CUVI o 23 de marzo
Información xeral
23-03-2026 ata: 23-03-2026O vindeiro luns, 23 de marzo, realizaranse traballos de reparación de varias fochancas nos viais do CUVI. Estas actuacións faranse de maneira manual e, aínda que poidan xerar algunha pequena incomodidade nalgún punto concreto, non se prevén afeccións de gravidade.
Ademais, levaranse a cabo os seguintes traballos:
- Arranxo das fochancas do aparcadoiro do CITEXVI. O aparcadoiro permanecerá pechado mentres se leven a cabo os traballos.
- Reparación da vía de servizo entre as Facultade de CC Económicas e Empresariais e a Facultade de Xurídicas e do Traballo, que requirirá máis tempo e o uso de maquinaria.
O peche desta vía de servizo implicará:
- Desvío do tráfico a través do aparcadoiro.
- Anulación da parada da Facultade de CC Económicas e Empresariais, desviándose as persoas usuarias á parada da Facultade de Filoloxía e Tradución.
- Posible anulación dalgunha praza de aparcadoiro que dificulte a circulación dos autobuses dentro do propio aparcadoiro
Está previsto que todos estes traballos se realicen unicamente durante a xornada do 23 de marzo.
- vicplan@uvigo.gal
- +34 986 813440