Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura do prazo de preinscrición do curso organizado polo CIXUG no Programa de Formación Permanente do Profesorado

Información ao PDI

12-03-2026 ata: 12-03-2026

Comunicámoslle que hoxe (12/03/2026), ás 12:00h, abrirase o prazo de preinscrición no seguinte curso organizado polo CIXUG no Programa de Formación Permanente do Profesorado:

 

 

Data de inicio do curso: 17/03/2026.

 

Para facilitar a inscrición neste curso, proporciónanse enlaces ao proceso en SIGMA: 1.Acceso.png 2.Acceso alumno.png 3.Preinscricion.png 4.Nueva preinscricion.png

 

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:

“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.

No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

 

Reciba un cordial saúdo.

 

Área de Formación e Innovación Educativa

Centro de Posgrao e Formación Permanente