Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Campaña de reforestación nos montes de Carballeda de Avia
Información xeral
10-03-2026 ata: 31-05-2026A Universidade de Vigo e a Fundación Universidade de Vigo organizan unha campaña de reforestación e de recuperación tras os incendios nos montes de Carballeda de Avia, en Ourense.
Se es membro da comunidade universitaria, podes apoiar esta iniciativa participando como voluntario ou voluntaria. Tamén podes colaborar achegando unha doazón a través da plataforma piloto de micromecenado da Fundación Universidade de Vigo: https://fundacionuvigo.es/micro-mecenado/
- vicplan@uvigo.gal
- +34 986 813440