Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo de formación en liña de Scopus (16-20 de marzo)

Biblioteca

11-03-2026 ata: 21-03-2026

Durante o mes de marzo celebraranse cinco sesións formativas enmarcadas no "I Ciclo de Formación Online de Scopus”, organizadas por FECYT en colaboración con Elsevier. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

  • Luns, 16 de marzo de 12:00-13:00 h. Búsqueda de documentos en Scopus. Inscrición
  • Martes, 17 de marzo de 12:00-13:00 h. Perfil de autor y organizaciones en Scopus. Inscrición
  • Mércores, 18 de marzo de 12:00-13:00 h. Cómo identificar las revistas más importantes en Scopus. Inscrición
  • Xoves, 19 de marzo de 12:00-13:00 h. Seminario de autores en Scopus. Inscrición
  • Venres, 20 de marzo de 12:00-13:00 h. Como identificar el impacto de la producción científica de un autor con Scopus. Inscrición

Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina do I Ciclo de formación Online Scopus da FECYT.

Será requisito indispensable para obter o certificado FECYT, responder ao 100% das cuestións expostas polos formadores durante a sesión en directo.

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo