Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesións de formación en liña JoVE (Journal of Visualized Experiments) durante o mes de marzo
Biblioteca
06-03-2026 ata: 20-03-2026Durante o mes de marzo terán lugar varias sesións de formación en liña gratuítas, organizadas por JoVE, dirixidas a profesorado, persoal investigador e persoal bibliotecario. As sesións formativas, de 60 minutos de duración, impartiranse en lingua inglesa e é imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.
JoVE (Journal of Visualized Experiments) é unha plataforma de vídeos científicos á que a Universidade de Vigo ten acceso por mor dunha subscrición xestionada pola Biblioteca Universitaria.
Mércores, 18 de marzo de 12:00-13:00 h. Making research methods click for Psychology students. Inscrición
- Aprender como as explicacións visuais poden desmitificar o deseño da investigación, as variables e a interpretación dos datos.
- Ver exemplos que axudan o alumnado a conectar métodos con cuestións psicolóxicas reais.
- Explorar vídeos curtos para reforzar a lóxica experimental e apoiar a ánalise na clase.
Mércores, 18 de marzo de 12:00-13:00 h. Using demonstrations and simulations to teach problem solving in Physics and Engineering. Inscrición
- Explorar estratexias eficaces para ensinar a resolución de problemas e o razoamento en varios pasos mediante demostracións e simulacións.
- Aprender como o profesorado deseña problemas que revelan o pensamento do alumnado e apoian unha comprensión conceptual profunda.
- Observar como os educadores usan os vídeos para visualizar procesos, clarificar conceptos abstractos e mellorar os resultados.
Mércores, 18 de marzo de 15:00-16:00 h. The pulse of AI in academic libraries (para bibliotecarias/os). Inscrición
- Como a intelixencia artificial está remodelando o apoio á investigación nas bibliotecas académicas.
- Que deben ter en conta as/os bibliotecarias/os para avaliar e integrar ferramentas impulsadas pola intelixencia artificial.
- Exemplos prácticos de IA na educación e investigación (JoVE Visualize e JoVE Copilot).
Mércores, 18 de marzo de 17:00-18:00 h. Brinding Business theory into real-world context. Inscrición
- Explorar estratexias prácticas para levar a teoría empresarial ao contexto do mundo real a través da ensinanza aplicada baseada en casos.
- Aprender como o profesorado deseña módulos de aprendizaxe empresarial e mide o impacto nos resultados do alumnado.
- Observar como o profesorado usa os vídeos para visualizar conceptos, fortalecer a participación e apoiar a ensinanza eficaz.
Xoves, 19 de marzo de 13:00-14:00 h. Linking theory to experiment in Chemistry. Inscrición
- Explorar estratexias para vincular a teoría química coa evidencia experimental.
- Aprender como o profesorado avalía o razoamento químico, aborda temas complexos e axuda ao alumnado a sintetizar conceptos.
- Observar como o profesorado usa os vídeos para visualizar experimentos, aclarar ideas abstractas e redeseñar cursos de Química.
Xoves, 19 de marzo de 13:00-14:00 h. Preparing Biology students before they enter labs. Inscrición
- Aprender como a preparación visual axuda o alumnado a comprender os protocolos, as técnicas e as expectativas antes das prácticas de laboratorio.
- Mirar exemplos que axudan a aclarar os pasos experimentais e reducen a confusión durante as sesións de laboratorio.
- Explorar como os vídeos curtos poden reforzar a seguridade, os métodos e a preparación conceptual.
Xoves, 19 de marzo de 13:00-14:00 h. Teaching clinical skills through demonstration. Inscrición
- Aprender como a demostración visual axuda á adquisición de habilidades e confianza nos procedementos.
- Ver exemplos de como se ensinan as técnicas clínicas paso a paso a través de vídeos.
- Explorar como os recursos preparan o alumnado antes da práctica e a avaliación.
Xoves, 19 de marzo de 14:00-15:00 h. Publish for impact: Vídeo articles to boost visibility and citations. Inscrición
- Descubrir como o persoal investigador pode aumentar a visibilidade, o alcance e o potencial das citas do seu traballo mediante publicacións baseadas en vídeo.
Toda a información sobre inscrición e acceso está na páxina de seminarios web de JoVE.
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo