Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario 2026 - Acordos da Comisión Electoral

Información xeral

04-03-2026

Comunícase que na sesión ordinaria, de 04 de marzo de 2026, a Comisión Electoral aprobou, entre outras cuestións:

  • As circunscricións electorais no Sector PDI-B nas eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario.
  • O número de claustrais por sector que corresponden en cada circunscrición.
  • A distribución das mesas electorais para as eleccións á Reitoría

Toda a información relacionada cos procesos electorais correspondentes ás eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro universitario poderá consultarse tamén na web da Uvigo, no enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia