Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VERIFICACIÓN/MODIFICACIÓN DE PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO 2027/28
Información xeral
03-03-2026 ata: 20-03-2026Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2027-2028 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2027/2028 (aprobado no Consello de Goberno do 30/07/2025).
Comunícase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as memorias iniciais para a verificación/modificación dos seguintes programas de doutoramento:
VERIFICACIÓNS:
- Programa de Doutoramento en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial
As memoria iniciais poden consultarse na páxina web no apartado ESTUDAR/QUE ESTUDAR/ IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando titulación de doutoramento e pinchando no curso 2027/2028.
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
O prazo de alegacións remata o vindeiro día 20 de marzo de 2026.
As alegacións pódense presentar no seguinte correo electrónico: eido.verifica@uvigo.es
Para calquera dúbida, poden dirixirse aos seguintes teléfono e correo electrónico:
Para máster e programas de doutoramento:
Tlf.: 986 130 283
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950