Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VERIFICACIÓN/MODIFICACIÓN DE TÍTULOS DE MESTRADO 2027/28
Información xeral
03-03-2026 ata: 20-03-2026Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2027-2028 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2027/2028 (aprobado no Consello de Goberno do 30/07/2025).
Comunícase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as memorias iniciais para a verificación/modificación dos seguintes títulos de mestrado:
VERIFICACIÓNS:
- Mestrado Universitario en Viticultura e Enoloxía
- Mestrado Universitario en Dereito Público dos Recursos Hídricos e Termais
- Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Nanomateriais e Biomedicina
MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS:
- Mestrado Universitario en Acuicultura
- Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
- Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
- Mestrado Universitario en Neurociencia
- Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral
As memoria iniciais poden consultarse na páxina web no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/ IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando titulación de grao, mestrado ou doutoramento segundo corresponda e pinchando no curso 2027/2028.
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
O prazo de alegacións remata o vindeiro día 20 de marzo de 2026.
As alegacións poderanse presentar no seguinte correo electrónico: verifica@uvigo.es
Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:
Para máster e programas de doutoramento:
Tlf.: 986 130 283
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950