Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Ligas universitarias 2015-2016

Deporte e benestar

28-09-2015 ata: 11-10-2015

A Universidade de Vigo, ao través do seu Servizo de Deportes, organiza as Ligas Universitarias nas seguintes modalidades:

- Baloncesto mixto.

- Balonmán mixto.

- Fútbol sala femenino.

- Fútbol sala masculino.

- Fútbol 7 mixto.

- Rugby 7 mixto.

- Voleibol mixto.

A inscrición realizarase nos tres campus do 1 ao 30 de setembro a través do seguinte enlace: https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/ligas/Non será posible inscribirse de ningún outro xeito.

- A inscrición é GRATUITA.

- Poderase elixir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo, entendendo como mañá o tramo horario comprendido entre as 10 e as 14 h e como tarde o tramo entre as 14 e 19 h (hora de inicio dos partidos).

- Os equipos de nova creación serán incluidos na división máis baixa.

- Os equipos que xa participaron na temporada pasada deberán conservar o seu nome se queren inscribirse na división que por méritos lles corresponde.

- Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á Comunidade Universitaria.

- Cada xogador/a poderá inscribirse como máximo en dous equipos de distintas modalidades deportivas. En todo caso, o Servizo de Deportes non se responsabiliza das posibles incompatibilidades de horario das persoas inscritas en dúas modalidades deportivas.

- Non esta permitida a inscrición dunha mesma persoa en máis dun equipo da mesma modalidade deportiva.

- Non se aceptarán inscricións de equipos que non teñan o número mínimo establecido de xogadores/as.

 

Modalidade  Nº máximo   Nº mínimo

Baloncesto        12                 7

Balonmán         14                 9

Fútbol sala        12                 7

Fútbol sete        16               10

Voleibol            12                 8

Rugby              10                 8

 

O Servizo de Deportes publicará na web o listado de equipos inscritos 48 despois do peche do prazo de inscrición. Se algún equipo non aparecera na lista publicada na web, terá un prazo de 24 h dende a publicación do listado para facer unha reclamación por correo electrónico a ligasuniversitarias@uvigo.es (campus de Vigo), depo-po@uvigo.es (campus de Pontevedra) ou depor-ou@uvigo.es (campus de Ourense).