Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Seminario web Colaboración estratéxica en investigación: activando perspectivas de colaboración con Web of Science e InCites (26 de febreiro)
Biblioteca
21-02-2026 ata: 27-02-2026O 26 de febreiro celebrarase o seminario web organizado por Clarivate “Colaboración estratégica en investigación: activando perspectivas de colaboración con Web of Science e InCites”, presentado por Gabriela Balladares.
A sesión servirá para aprender estratexias prácticas que melloren o aproveitamento de datos e métricas normalizadas da Web of Science, importantes para a toma de decisións institucionais, o fortalecemento de alianzas e a mellora do impacto da investigación a nivel global.
A xornada é gratuíta e en español e xa está aberta a inscrición:
Xoves 26 de febreiro, de 14:00 a 15:00 h. (CET) Colaboración estratégica en investigación: activando perspectivas de colaboración con Web of Science e InCites
O rexistro debe facerse co correo institucional na seguinte ligazón: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/re2689d0728fc321855f623d6781dce3e
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo