Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións Reitoría e representantes Claustro 2026 - Recordatorio prazo de reclamacións

Información xeral

19-02-2026 ata: 21-02-2026

Bo día,

Lémbrase que mañá, venres, 20 de febreiro de 2026, remata o prazo para presentar reclamacións aos censos provisionais correspondentes ás eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario.

As reclamacións, así como o exercicio do dereito de opción, formularanse través do procedemento habilitado na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase nos seguintes enlaces:

ESTUDANTES: SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións estudantado - Claustro

PDI/PTXAS: SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións Reitoría - Claustro (PTXAS/PDI)

Pode consultarse toda a información e acceder aos procedementos na web da Universidade de Vigo: Democracia | Universidade de Vigo.