Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo tribunais- TU e CU da OEP 2024

Información ao PDI

17-02-2026 ata: 17-02-2026

Prezado profesorado,

Comunicamos que na COAP do 19 de febreiro de 2026 terá lugar o sorteo público dos tribunais das seguintes prazas:

  • Titular de Universidade con cargo á OEP do 2024
  • Catedrático/a de Universidade con cargo á OEP do 2024

Poderá seguirse o sorteo a partires das 12:00 h a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116

No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD. Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando a presidenta así o solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada persoa.

Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.