Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesión de formación "Nuevas funcionalidades con inteligencia artificial para optimizar las búsquedas con EBSCOhost" (2 de marzo)
Biblioteca
18-02-2026 ata: 03-03-2026O luns 2 de marzo terá lugar a sesión de formación organizada por EBSCO para a Universidade de Vigo “Nuevas funcionalidades con inteligencia artificial para optimizar las búsquedas con EBSCOhost”, dirixida a persoas que formen parte da nosa comunidade universitaria vinculadas coa investigación científica e alumnado de mestrado interesado en mellorar as súas estratexias de busca de información académica.
Ebscohost é a plataforma que dá acceso ás seguintes bases de datos e coleccións: Business Source Premier, Cinahl, eBook Collection (Ebschohost), ERIC, GreenFile, LISTA, Medline, OpenDissertations, Regional Business News, SPORTDiscus, Teacher Reference Center, The Serials Directory e eBook Open Access Collection.
A xornada é gratuíta e en español e xa está aberta a inscrición:
Luns 2 de marzo de 12:00 a 13:00 h. Nuevas funcionalidades con inteligencia artificial para optimizar las búsquedas en EBSCOhost.
Inscrición
O rexistro debe facerse co correo institucional.
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo