Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
CURSOS DE EXTENSIÓN - Convocatoria de axudas para organizar cursos de extensión no ano 2026
Información xeral
16-02-2026Está publicada no taboleiro electrónico e na páxina web da UVigo a CONVOCATORIA de axudas para organizar cursos de extensión da Universidade de Vigo no ano 2026.
O obxectivo desta convocatoria é permitir aos membros da comunidade universitaria promover e organizar accións formativas que, ademais de servir de complemento á formación regrada, facilitan a transmisión de destrezas e de habilidades desenvolvidas por estes ao noso contorno social, e contribúen decididamente a vincular á Universidade de Vigo coa sociedade en que insire.
Consultar a información en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1776
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626