Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Ampliación de plazo axudas de mobilidade Salvador de Madariaga e José Castillejo

Recursos Humanos de I+D

13-02-2026

Bo día,

O día  12 de febreiro de 2026, publicaronse nas páxinas web correspondentes, as resolucións de 6 de febreiro de 2026, polas que se modifica o artigo 9 da convocatoria da Orde CNU/692/2019, de 20 de xuño, así como e se amplía o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de mobilidade no estranxeiro José Castillejo  e Salvador de Madariaga.

De acordo con estas resolucións:

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ate:

  • O día 27 de febreiro ás 14.00 horas no caso da convocatoria  «Ayudas para estancias de movilidad en el extranjero José Castillejo para jóvenes doctores 2025» que pode ser consultada no seguinte enlace
  • O día 27 de febreiro de 2026 ás 14.00 horas no caso da convocatoria «Ayudas para estancias de personal docente y/o investigador senior en centros extranjeros 2025» que pode ser consultada no seguinte enlace

Como xa sabedes, é  necesario que cada solicitude vaia acompañada do Certificado do organismo de adscrición cuxo modelo se pode atopar no enlace anterior, no apartado «Presentación de solicitudes». Este certificado será asinado pola representante legal da Universidade de Vigo despois de comprobar a información que nel se pide respecto a cada solicitante.

Polo tanto, tódalas persoas interesadas en presentar unha solicitude de axudas Salvador de Madariaga ou José Castillejo deben enviar o referido certificado en formato word ao enderezo xestion.rhi@uvigo.gal antes do día 19 de febreiro de 2026.

Encherase cos datos que se piden.

No apartado 1. Datos do organismo de adscrición.e no pe da sinatura hai que poñer:

  • Nombre del organismo de adscripción: Universidad de Vigo, CIF: Q8650002B
  • Datos del Representante legal o Responsable con delegación de firma para este trámite en Sede Electrónica:
  • Cargo: Vicerrectora de Investigación, Transferencia e Innovación
  • Apellidos, nombre: Rubio Armesto, María Belén
  • Correo electrónico: vicinv@uvigo.gal

Unha vez asinado, será devolto á persoa interesada para que o presente xunto coa solicitude.

Lembramos a necesidade de ter autorizada a estadía na Universidade de Vigo a través dunha licenza para os efectos de docencia e investigación.