Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Censos provisionais - Eleccións Reitoría e representantes Claustro 2026

Información xeral

11-02-2026 ata: 30-06-2026

Bo día:

De acordo co calendario electoral para as eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario, hoxe 11 de febreiro de 2026 publicouse no taboleiro electrónico oficial o censo provisional. Pode consultarse en: Detalles da publicación

O prazo de reclamacións, no seu caso, aos  ditos censos abrangue dende o xoves, 12.02.2026 ao venres, 20.02.2026 (ámbolos dous incluídos).

Tanto as reclamacións aos censos, como o exercicio do dereito de opción nos casos en que proceda, formularanse través do procedemento habilitado na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase nos seguintes enlaces:

ESTUDANTES: SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións estudantado - Claustro

PDI/PTXAS: SXER - Censos electorais provisionais: reclamacións e dereito de opción. Eleccións Reitoría - Claustro (PTXAS/PDI)

Toda a información relacionada cos procesos electorais correspondentes ás eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario poderá consultarse tamén na web da Uvigo, no enderezo: