Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recoñecemento médico para o persoal do Campus de Ourense
Prevención de riscos laborais
19-02-2026 ata: 24-02-2026Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do Campus de Ourense:
- Edificio Ferro
- Edificio Politécnico
- Edificio Xurídico Empresarial
- Edificio Manuel Martínez Risco
- Unidade Administrativa
- Pavillón Universitario
- Campus da Auga
- Biblioteca
A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).
TODO O QUE NECESITA SABER PARA SOLICITAR A SÚA CITA
- Prazo para solicitar cita: do 19/02/2026 ao 24/02/2026
- Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: na clínica de CUALTIS (Vitaly) Rúa/ Nova, 9-11 baixo)
- Guía da web para solicitar a cita.
- Cita: páxina web de CUALTIS (Vitaly).
- Instrucións previas á súa cita.
- Bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do seu centro
Finalizado o prazo de solicitude de cita para analítica na web de CUALTIS (Vitaly), se desexa solicitar, cambiar ou anular a súa cita, ou para a cita do recoñecemento médico concertada posteriormente con enfermería, deberá enviar un correo electrónico cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do SPRL 986 814 088.
Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice todas as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.