Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sorteo tribunais AXD- Contrato-Programa e Maria Goyri
Información ao PDI
11-02-2026 ata: 11-02-2026Prezado profesorado,
Comunicamos que na COAP de mañá 12 de febreiro de 2026 terá lugar o sorteo público dos tribunais das seguintes prazas:
- Contrato-Programa 2026
- Programa María Goyri 2026
Poderá seguirse o sorteo a partires das 13:00 h a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116
No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD. Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando a presidenta así o solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada persoa.
Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595