Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións de formación en liña JoVE (Journal of Visualized Experiments) durante o mes de febreiro

Biblioteca

10-02-2026 ata: 20-02-2026

Durante o mes de febreiro terán lugar varias sesións de formación en liña gratuítas, organizadas por JoVE, dirixidas a profesorado, persoal investigador e persoal bibliotecario. As sesións formativas, de 60 minutos de duración, impartiranse en inglés e é imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.

JoVE (Journal of Visualized Experiments) é unha plataforma de vídeos científicos á que a Universidade de Vigo ten acceso por mor dunha subscrición xestionada pola Biblioteca Universitaria. 

Mércores, 18 de febreiro de 12:00-13:00 h. Making Business concepts stick from day one. Inscrición

  • Explorar estratexias prácticas para levar a teoría empresarial a contextos do mundo real.
  • Aprender como o profesorado deseña módulos de aprendizaxe empresarial e a medición do impacto nos resultados do alumnado.
  • Observar como o profesorado emprega os vídeos para visualizar conceptos e apoiar a ensinanza.

Mércores, 18 de febreiro de 12:00-13:00 h. Thinking like a Psychologist from day one. Inscrición

  • Aprender como os contidos visuais poden clarificar conceptos psicolóxicos abstractos.
  • Consultar exemplos de temas introdutorios á psicoloxía.
  • Explorar como o profesorado usa vídeos para preparar aos estudantes e a aplicación práctica durante as clases maxistrais.

Mércores, 18 de febreiro de 12:00-13:00 h. Establishing strong foundations in Physics and Engineering. Inscrición

  • Introducir os conceptos básicos de física e enxeñaría.
  • Empregar contido visual para reducir a sobrecarga cognitiva en temas matematicamente avanzados.
  • Apoiar a comprensión do alumnado en diferentes niveis de preparación.

Mércores, 18 de febreiro de 15:00-16:00 h. How librarians level the playing field in undergraduate education using JoVE. (Para persoal bibliotecario). Inscrición

  • Proporcionar acceso a recursos de aprendizaxe visual para os cursos de grao.
  • Traballar co profesorado para apoiar a ensinanza e a aprendizaxe.
  • Como se produce a colaboración das bibliotecas co equipo de JoVE para atender as necesidades académicas.

Xoves, 19 de febreiro de 13:00-14:00 h. Making Biology click from the first week. Inscrición

  • Introducir conceptos clave de Bioloxía  para o alumnado.
  • Usar elementos visuais e vídeos para reducir a sobrecarga cognitiva.
  • Apoiar a diversidade de estudantes e impulsar a participación temperá.

Xoves, 19 de febreiro de 13:00-14:00 h. Making Chemistry concepts stick from day one. Inscrición

  • Explorar estratexias para vincular a teoría química coa evidencia experimental.
  • Aprender coma o profesorado avalía o razoamento químico e axuda ao alumnado a sintetizar conceptos.
  • Observar coma o profesorado usa os vídeos para visualizar experimentos e redeseñar cursos de química.

Xoves, 19 de febreiro de 13:00-14:00 h. Teaching Health Sciences with clarity from day one. Inscrición

  • Introducir os contidos básicos de ciencias da saúde.
  • Usar o contido visual para reducir a sobrecarga cognitiva.
  • Apoiar aos estudantes nas disciplinas de ciencias da saúde.

Xoves, 19 de febreiro de 15:00-16:00 h. Reducing risk in regulated Biotech environments. Inscrición

  • Como a variabilidade procedimental e as lagoas de coñecemento introducen riscos ocultos nas organizacións.
  • Como as organización poden facer controis preventivos, a nivel de sistema, que reducen a repetición de traballos.
  • Como as organización poden manter unha execución  de procedementos eficaz.

Máis información: https://info.jove.com/jove-upcoming-webinars

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo