Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día,
Dende a Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica informamos a todo o PDI de que xa pode empezar a consultar os seus recoñecementos no POD (excepto TFG/TFM, bolsa de horas, docencia en inglés e docencia en galego) na pestana de recoñecementos da plataforma do e-POD para o curso 2026/27 (https://pod2026.uvigo.gal).
As capacidades que figuran para cada profesor na pantalla principal son as do ano pasado, xa que mentres non se incorporen todos os recoñecementos non se pode facer o cálculo final.
Na pestana onde se ven os recoñecementos desglosados hai unha pestana de ‘reclamacións’ que estará inactiva mentres non se incorporen todos os recoñecementos. Cando todos estean incorporados enviaremos un mail avisando e abrindo un periodo de reclamacións para a súa corrección.
Un cordial saúdo,
Adela M. Sánchez Moreiras
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595