Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sexenios 2025: depósito de publicacións no repositorio Investigo

Biblioteca

05-02-2026 ata: 02-03-2026

Lembramos que todas as publicacións que se presentan na solicitude de sexenios teñen que estar depositadas nalgún repositorio de acceso aberto.

 

Desde a Biblioteca solicitámoslles a todas aquelas persoas que teñan que depositar no repositorio Investigo documentos para presentar á convocatoria de sexenios 2025, que o fagan o antes posible e nos avisen cunha mensaxe de correo a investigo@uvigo.gal. O obxectivo é identificar esas publicación e darlles prioridade na revisión.

 

Poden consultar máis información sobre o repositorio institucional Investigo e como facer o depósito nas seguintes ligazóns:

 

Biblioguía Repositorio institucional Investigo

10 Pasos para depositar en Investigo

 

Moitas grazas e saúdos,

 

Área de Repositorio Institucional

Biblioteca Central

Campus Lagoas-Marcosende

36310 Vigo

986 813 821

investigo@uvigo.gal